Web do Concello de Poio - Municipio de Interese Turístico.
O tempo en Poio
datos facilitados por MeteoGalicia
servizo non dispoñible

festas

Festas Patronais

Festa de San Xoan

San Xoan

A Festa de San Xoan é dentro da cultura popular galega, sen lugar a dúbidas a de maior interese, porque nela perviven mitos, crenzas e supersticións das máis fondas raíces. Coincide cos días máis longos do ano, coas noites máis curtas, cando a vida é máis intensa. Estamos no solsticio de verán, no triunfo da luz sobre as sombras. Por iso, a noite de San Xoan ten en Galicia - como noutras culturas das nosas latitudes - unha maxia e un encanto especial.

Este festival do lume cos antigos celtas denominaban "Alban Heruin", onde o astro rei mostra aos homes o seu máximo poder, foi cristianizado como Noite de San Xoan, unha festa con multitude de rituais que ten en Poio un dos seus referentes. A importancia desta festa en Poio debese a que San Xoan é o seu patrón e no seu honor erixiuse un imponente mosteiro no século VII. Esta festa patronal é unha festa de diversión e de actividades menos lexendarias que a de saltar as chamas. Cultura, música, deporte, gastronomía e actos relixiosos están presentes en actividades como o certame de canto coral, a exposición da Escola de Canteiros, os pasarúas e verbenas populares, o recoñecemento aos deportistas do ano, a sardiñada,.... actividades que reúnen no Municipio de Poio a un gran número de veciños e veciñas así como residentes de localidades cercanas ao municipio.

San Xoan

San Xoan

 

© Concello de Poio. 2008

Este sitio web está desenvolvido dentro do Plan de Cidades Dixitais 2007⁄2008