Web do Concello de Poio - Municipio de Interese Turístico.
O tempo en Poio
datos facilitados por MeteoGalicia
servizo non dispoñible

que visitar

a ILla de Tambo

Isla de Tambo

A Illa de Tambo, situada no medio da Ría de Pontevedra, ten unha superficie de 28 hectáreas e alcanza os 80 metros de altitude no monte San Fagundo. É ovalada e ten unha típica forma piramidal completamente cuberta de arboredo, especialmente eucaliptos. Polo sur ten unha pequena península que parece case unha illa vista desde terra e que conta cun vello faro. Tambo conta con dúas praias unidas na parte norte da illa (Area da illa e Adreirá) e con tres pequenos embarcadeiros.

Historia

Nun principio foi denominada Thalavo, Tanavo e Toambo, aínda que a versión histórica máis crible é a que asocia o seu topónimo á raíz latina “tumulus” ou á grega “tumbos”, que fan alusión á súa forma circular e elevada a modo de monte sepulcral, por iso é polo que alguén quixese asociar esta peculiar característica para dicir que Tambo é a transformación que o nome “Tumba” puido ter no tempo.

Ademais desta teoría, existen estudos que sosteñen que existiu na illa un altar pagano construído como culto cara ao Deus Tomeóbrigo, e ata un templo dedicado a Neptuno.

Isla de Tambo

A primeira fundación monacal data do século siglo VI, levada a cabo por San Martiño Dumiense, unha ermida que sería transformada en mosteiro por San Froitoso, vinculado ao convento bieito de San Xoán de Poio. Logo convértese en priorado baixo a advocación de Sta. María de Graza. A súa imaxe foi tirada ao mar polo pirata Francis Drake en 1589, que arrasou co asentamento bieito da illa. A imaxe foi recollida polos pescadores de Combarro que a esconderon entre as súas redes e máis tarde construíron un santuario no lugar da Renda, onde aínda hoxe se lle rende culto.

No século XVIII reedifícase a ermida existente e dedícase a San Miguel (devoción dos mariñeiros).

No século XIX cobra unha grande importancia a vila de Marín (Liñas transatlánticas). Constitúese un lazareto para corentena de tripulantes ou pasaxeiros que puidesen padecer enfermidades contaxiosas. Púxose en servizo en 1865 e funcionou ata 1879, ano no que foi clausurado debido ás protestas dos pontevedreses, sendo trasladado á illa de San Simón, na Ría de Vigo, debido ao auxe da cidade naquela época. Pouco despois disto, no ano 1882, os católicos protestantes de Marín e Seixo usaron a pequena cala da Illa para bautizar os novos crentes da comarca de O Morrazo. A lei en vigor prohibía manifestacións públicas de calquera relixión diferente á do Estado. Desprazábanse de noite a Tambo xa que estaba deshabitada, para realizar os bautismos e evitar denuncias das súas opoñentes.

Isla de Tambo

Finais do século XIX: as autoridades demandan unha concesión oficial. Os señores Montero Ríos e García Escudero (tendo adquirida trala desamortización, unha parte da Illa) ceden os terreos para a construción dunha penitenciaría.

En 1943, coa chegada da escola naval a Marín, a illa convértese en arsenal e almacén de pólvora, e ata na década dos 50 houbo un intento de construír unha pista de aterrizaxe para avións militares.

A armada deixou de calificar a illa como enclave estratéxico oficialmente no ano 2002.

 

© Concello de Poio. 2008

Este sitio web está desenvolvido dentro do Plan de Cidades Dixitais 2007⁄2008