Web do Concello de Poio - Municipio de Interese Turístico.
O tempo en Poio
datos facilitados por MeteoGalicia
servizo non dispoñible

CONCELLO

Parroquias

Combarro

Combarro

A vila de Combarro levántase nunha recolleita ensenada que forma ría, un singular agrupamento urbano declarado en 1972 "Conxunto de Interese Turístico e Pintoresco" grazas ao seu encanto e harmonía. Etimolóxicamente, o topónimo que designa esta fermosa vila está relacionado coa raíz comb-, que significa fondada ou flexión da costa, pois o núcleo tradicional sitúase sobre unha base granítica con forma de media lúa.

Combarro é un dos núcleos pesqueiros máis importantes da costa galega, que constitúe un fermoso exemplo pola situación das súas antigas casas marineras e labregas, semellando coas súas balconadas de pedra un pazo señorial.

Declarado Municipio Turístico Galego

 

© Concello de Poio. 2008

Este sitio web está desenvolvido dentro do Plan de Cidades Dixitais 2007⁄2008